Convocatoria
: Buscamos mascota para o Equipo de dinamización da lingua no cole!
Convocatoria : Buscamos mascota para o
Equipo de dinamización da lingua no cole!
O EDL convoca un concurso para a creación da mascota do
equipo de dinamización da lingua do noso cole.
Bases:
Participantes:
Poderá participar todo o alumnado de Educación infantil e
Educación primaria do noso centro.
Só se pode presentar un único traballo por persoa. Cada
debuxo deberá ir identificado pola parte de atrás do mesmo debuxo cos datos e o
curso do alumno.
Formato:
Os debuxos terán un tamaño A4 e aparecerá o nome do noso
colexio enriba da páxina. Os traballos orixinais conservaranse ata a resolución
do concurso ( mes de novembro) e poderá ser requiridos para a celebración dunha
exposición conxunta nos corredores do pavillón de Educación infantil e de
Educación primaria.
Prazo e lugar de presentación:
O prazo de presentación comezará a partir do luns 3
de OUTUBRO e finalizará o luns 7 de NOVEMBRO de 2016.
Cada profesora integrante do PL será a encargada de recoller
os debuxos; así pois serán entregados a: Sonia, Ana Salado, Mónica ou Tania.
Xurado:
Estará composto polas integrantes de EDL.
A decisión do xurado é inapelable. Valorarase a
orixinalidade e a adecuación do nivel do traballo á idade do autor.
Premio:
De entre todos os debuxos presentados serán seleccionados
tres finalistas:
·
Un
para Ed infantil e 1º ciclo de primaria
·
Outro
para 3º e 4º de Educación primaria e
·
Outro
para 5º e 6º de Educación primaria.
O gañador sairá dos tres finalistas.
ANIMÁDEVOS
A PARTICIPAR E MOITA SORTE!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario