jueves, 15 de mayo de 2014

MAIOS 2014

Os nenos de 4º E.I,  festexamos os maios!!!!

 "Festa dos Maios".. é unha festa popular de orixe ancestral.
Esta celebración primaveral xeralmente coincidía co primeiro domingo de dito mes. Nesta festa festexamos a despedida do inverno, a floración das plantas e a aparición dos primeiros froitos.
Chámanselle "maios" tanto á celebración da festa como ás representacións que facemos delas.
Hai dous tipos de Maios:
  • Tradicionais: tenden sempre a ser cónicos e lembran á forma das árbores máis ou menos estilizados. 

  • Artísticos: cando se trata dalgunha figura: unha casa, un cruceiro, home, ...