miércoles, 14 de noviembre de 2012

Período de adaptación

O periodo de adaptación é un tempo no que o neno/a pasa do mundo familiar coñecido e seguro, a outro descoñecido e mais amplo nas relacións, no que se sinte inseguro e temeroso. Pretendemos axudarlle a descubrir esta nova realidade como positiva, agradable e gratificante.
            Os que veñen da guardería, tamén se atopan cuha realidade distinta e nova : espazos, compañeiros e profesora descoñecidos.
            O noso obxectivo fundamental é que o neno/a se sinta seguro e considere o colexio como parte do seu ámbito persoal. As profesoras estaremos moi preto deles,  observaremos atentamente as súas reaccións, as súas  manifestacións, atenderemos as súas demandas e estaremos pendentes dos seus progresos e retrocesos .
            Remata este periodo cando o neno/a comeza a intercambiar experiencias, a contar as súas cousas, a mostrar afecto e aceptar o que lle dan, amosándose espontáneo, ledo/enfadado nos intres oportunos.Chega así , pouco a pouco, a integrarse no grupo e na  vida da clase.

No hay comentarios:

Publicar un comentario